“La leyenda del unicornio”

70

Musical recomendado para público de 3 a 12 anos.

Nunha vila de pescadores, onde os maiores han de facerse ao mar para conseguir peixe, os nenos quedan sós mentres os seus pais faenan.

O que parece que será un día tranquilo, convértese en toda unha aventura para os pequenos do pobo cando se ven sorprendidos polo terrible Unicornio do Mar, enfadado por perder a súa cría. Marina, a protagonista da nosa historia consegue, grazas á súa inocencia, gañarse a amizade do unicornio e acompañalo ata o fondo do mar para encontrar a súa cría.

Unha viaxe na que estarán acompañados por peixes, estrelas de mar, pelicanos e ata magos, que lle axudarán na súa aventura.

Prezo: dende 10 €.  Entradas á venda no teléfono 902 504 500 e en www.servinova.com