Nabucco de Verdi

66

Música do compositor Giuseppe Verdi e libreto de Temistocle Solera.

Está baseada no Antigo Testamento e a obra Nabuchodonosor de Francis Cornue e Anicète Bourgeois. Foi estreada o 9 de marzo de 1842 en La Scala de Milán. En España, estreouse en 1844 no Teatro da Santa Cruz de Barcelona.

Dividida en catro actos, ten lugar entre Xerusalén e Babilonia no 586a.C O seu argumento xira en torno á derrota e posterior exilio dos hebreos de Xerusalén ás mans do rei babilonio Nabucodonosor, quen arrasou o Templo de Salomón. Mentres os babilonios asedian Xerusalén, Fenena- filla do rei babilonio- é tomada refén polos hebreos, namorándose de Ismael, sobriño do rei hebreo. Os babilonios conseguen infiltrarse en Xerusalén comandados por Abigaíl, suposta filla de Nabucco, quen está namorada de Ismael. A cambio do seu amor, ela promételle salvar o pobo hebreo. Finalmente, os hebreos son derrotados polos invasores, os cales saquean o templo.

A pesar de non ser unha das óperas de Verdi máis representadas,Nabucco goza dun notable éxito grazas a arias como Va pensiero ou o coro dos escravos.

Prezo: dende 30 €.  Entradas á venda no teléfono 902 504 500 e en www.servinova.com