Presentación do disco “Alén do Mar”, de Oscar Ibáñez & Tribo

91

Oscar Ibáñez presenta o seu primeiro traballo discográfico en solitario baixo o título “Aléndo mar” (VIR, 2012). Neste disco o gaiteiro e frautista pontevedrés invítanos a unha viaxe sonora que discorre polo Atlántico cheo de orixinalidade, imaxinación e creatividade, a través dunha magnífica selección de melodías galegas e latinoamericanas enriquecidas con elementos propios da música celta.

Deste xeito OscarIbáñez mestura muiñeiras ancestrais recollidas polo gaiteiro boticario Perfecto Feijóo, composicións celtas do virtuoso violinista Manuel Quiroga, ou un tema dedicado ao pirata da Moureira Benito Soto, co arin-arin, un xénero que se xerou no Camiño de Santiago Norte ou Camiño da Costa ao seu paso por Euskadi, o flamenco e outras músicas denominadas de ida e volta como a habaneira, o choro, o valse venezolano ou o tango, que encontrou na outra ribeira.

Prezo: dende 4,75 €. Entradas á venda no teléfono 902 504 500 e en www.servinova.com