“Insolación”

69

Francisca de Asís Taboada, marquesa viúva de Andrade, é unha galega que reside no Madrid de fin de século onde o conservadorismo da aristocracia xera un clima asfixiante que constrinxe as ilusións dunha dama aínda nova e atractiva que, de pronto, asumirá a capacidade de pensar e decidir pola súa conta. Con este texto a autora fai unha defensa impecable do dereito a elixir das mulleres.

Autora: Emilia Pardo Bazán. Dirección: Luis Luque.

Prezo: dende 19 €. Entradas á venda no teléfono 902 504 500 e en www.servinova.com