“No te vistas para cenar”

82

Fernando aproveitando que a súa muller, Mercedes ten que ir a visitar a súa nai, invita á súa amante, Susi a pasar o fin de semana con el, e tamén a un amigo seu -Carlos- para ter unha coartada. Todo é perfecto, mesmo contratou unha cociñeira Susana para que non lles falte de nada. Pero as cousas non lle saen como el espera e a reunión romántica se acaba convertendo nunha noite moi movidita na que todos finxen ser o que non son para evitar ser descuberto.

"No te vistas para cenar", conta cunha repartición excepcional formada por Yolanda Arestegui, Aurora Sanchez, Cuca Escribano, Antonio Vico e Jesus Cisneros.es unha comedia de enredos, unha peza de pura carpintaría teatral, un auténtico metrónomo das risas. A obra é froito da pluma dun auténtico mestre do xénero, como é Marc Camoletti, que imprime a todas as súas dramaturxias un ritmo frenético e hilarante.

Prezo: dende 15 €.  Entradas á venda no teléfono 902 504 500 e en www.servinova.com