“Taitantos”

50

Susana é unha muller de corenta e tantos anos, nai separada dunha filla adolescente e bloguera de éxito que se encontra ante as dificultades de encontrar nova parella, debido á presión social que demanda un aspecto físico xuvenil e perfecto e por causa, tamén, das súas propias inseguridades. A obra versa sobre a batalla perdida por excelencia, a loita contra o tempo cando desexamos que avance máis rápido ou lento, ou que se deteña, aínda que teñamos a certeza de que un segundo tardará en pasar un segundo.

Autora: Olga Iglesias Durán. Dirección: Coté Adoitar. Elenco: Nuria González, Isabel Romero de León (voz en off).

Prezo: dende 15 €. Entradas á venda no teléfono 902 504 500 e en www.servinova.com