“Érase unha vez… a fala!”

78

A comunicación existe mesmo en seres vivos microscópicos. Os animais comunícanse en distintos niveis e con diferentes complexidades e intensidades. Pero ter a capacidade de expresar os pensamentos e os sentimentos fronte aos nosos iguais é exclusivo do ser humano.

A exposición "Érase unha vez… a fala!" cóntanos cando apareceu a capacidade de falar dos nosos antepasados e como deberon evolucionar determinadas partes do noso corpo -como o cerebro, a larinxe ou o oído, entre outras- para facelo posible. Así mesmo, ensina cales son os aspectos esenciais que caracterizan á linguaxe humana e como este evolucionou, igual que o facemos nós.

Esta mostra invita os visitantes a reflexionar sobre algo tan usual, imprescindible e á vez tan complexo na nosa sociedade como é o fala.

Horario da exposición: de luns a venres, de 12:30 a 14 h. e de 17 a 21 h. Sábados, domingos e festivos, de 11 a 14 h. e de 17 a 21 h.

Visitas guiadas: de luns a venres, ás 19 h. Sábados, domingos e festivos ás 12 e ás 19 h.

Visitas grupos escolares e outros colectivos: de luns a venres, de 9:30 a 13:30 h. e de 15 a 17 h. previa cita ao teléfono 902 906 666.