O Concello de Pontevedra recibirá proximamente varias zonas verdes bo barrio de Monte Porreiro cunha superficie duns 30.000 metros cadrados. O concelleiro Luís Bará, delegado do barrio, explicou que son terreos que aínda non son do Concello pero farase efectiva a entrega, posiblemente, a vindeira semana cunha sinatura do alcalde e un responsábel do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS).
O vindeiro martes, Luís Bará manterá unha reunión cos veciños para explicarlles esta cesións e aclarar cales son as parcelas municipais. Entréganse parcelas en dúas zonas: no entorno da praza de Europa entréganse uns 13.800 metros cadrados, e nas proximidades da casa da cultura uns 16.000 metros cadrados.
Luís Bará explicou que o Concello levará a mellor atención e coidados posibles do Concello a estas parcelas.