Obras en Alameda e melloras no Monte do Taco

49

O Concello continúa este luns coas obras de seguranza viaria na rúa Alameda. Trátase da instalación de dous pasos de peóns elevados entre a rotonda de san Roque e o cruzamento da rúa Echegaray. Son os dous pasos de peóns máis próximos á Echegaray, o terceiro paso de peón da rúa terá unha banda reductora da velocidade porque está na entrada a un garaxe.

Reunión de +Boavila no Monte do Taco

O concelleiro de Obras Urbanas, Luís Bará tamén explicou esta mañá onte mantivo unha reunión cos veciños do Monte do Taco onde abordaron a problemática de toda esta zona da cidade que se centran en problemas de accesibildade nas rúas Ponte Nova e San Roque de Abaixo; mellora de certas zonas verdes no Monte do Taco; preguntaron polo colector de saneamento do Gafos; a situación do Hospital Marescot, situado na zona.

O concelleiro Luís Bará acompañado de Carmen Fouces na reunión, indicou que no prazo dun mes leverá propostas á zona, sobre todo relativas a zonas verdes e accesibilidade. Adiantou que é posible un cambio na ordenación do tráfico implantada hai unhas semanas nas zonas de Ponte Nova e Ramón Peña, que se ven afectadas pola reordenación actual.