Volven as Xornadas municipais de historia

94

O Concello de Pontevedra recupera as Xornadas municipais da historia que este ano profundizará sobre a historia da principal praza do centro histórico: a Ferraría. Estas xornadas, que se desenvolverán os días 1 e 2 de outubro, irán acompañadas dunha exposición que pechará o ciclo de exposicións da praza de Ourense e tamén farase unha pequena publicación sobre a exposición.

A exposición inaugurarase o día 3 de outubro, e as xornadas comezarán o día 1 na Casa das Campás. A programación é a seguinte:

Día 1 de outubro:

  • 18.15 horas. Presentación
  • 18.30 horas. Juan Juega Puig: "As feiras en Galiza".
  • 19.30 horas. Gonzalo Francisco Fernández Suárez. "As profesións do desenvolvemento das cidades".

Día 2 de outubro:

  • 18.30 horas. Grupo IALA da UDC: J. Caridade e A. Río "A tipoloxía arquitectónica das prazas maiores galegas".
  • 19.30 horas. Domingo Luis González Lopo "O Corpus e os seus antecendentes históricos".