“Yak42. No te re-conozco”

70

Rubén Pleguezuelos e Cristina Aniorte porán en escena “Yak42. No te re-conozco”, un espectáculo producido por Somnis Teatre que xira en torno ao accidente no que, en 2003, perderon a vida 62 militares españois que regresaban a España tras varios meses de misións en Afganistán e Bosnia.

Este accidente supón a maior traxedia do Exército Español en tempo de paz, e supuxo un gran conflito político-social por todas as circunstancias que envolveron a traxedia: subcontratas fantasmas, piratas aéreos, avións en mal estado, corpos sen identificar, mentiras e coaccións…

Non nos contan de xeito realista o que sucedeu, senón que propoñen unha interpretación propia internándose nas sensacións, ideas, e emocións que envolven todas as frontes abertas deste caso. É a historia dos 62, e das súas familias.

Prezo: 10 € para público en xeral e 5 € para estudantes, parados e xubilados. Entradas á venda no teléfono 902 504 500 e en www.taquilla.servinova.com