O Concello de Pontevedra 86 novas prazas de estacionamento para motocicletas e ciclomotores en distintos puntos da cidade. O concelleiro de obras urbanas, Luís Bará explicou que na actualidade existe certo desorde no uso do espazo público a este respecto, polo que o Concello habilitará 12 novas zonas de estacionamento na cidade que se sumarán ás 4 existentes.
Os criterios que se siguen para a instalación destes espazos son os seguintes:
- Situación das zonas no perímetro da área peonil
- Situalas nas zonas de máis actividade económica e comercial
- Complementar os equipamentos públicos
Na actualidade hai zonas de estacionamento habilitadas para motos nas Palmeiras (que non está funcionando ben, segundo o concelleiro), Andrés Muruais, Cobián Roffignac e na Casa do Mar. A intención do Goberno local é completar estes espazos con outros 12 ámbitos creando as seguintes prazas:
- Barcelos: 16
- Frei Xoán de Navarrete: 6
- Avenida de Vigo: 8
- Pai Fernando Olmedo: 8
- Avenida do Bos Aires: 8
- Xoaquín Costa: 8
- Loureiro Crespo: 12
- Tomás y Valiente: 4
- Cobián Roffignac: 4
- Paseo Colón: 4.
O Concello manterá contacto con distintos colectivos que se desprazan en moto así como con veciños das zonas nas que se habilitarán estes estacionamentos, xa que o obxectivo é que no prazo dun mes se poidan empezar a sinalizar, tanto horizontal como verticalmente, os espazos de estacionamento exclusivo para motos, que tamén poderán aparcar nas prazas dos vehículos convencionais.