Festival “Concertos en Familia”

58

Festival "Concertos en Familia". Concertos didácticos no Teatro Principal para toda a familia.

12 DE OUTUBRO | 18:30 h.

“Vai de Mozart. Os instrumentos da orquestra”, a cargo da Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra, baixo a dirección de David Fluza Souto e con Judith Rey Iglesias como narradora. Idade recomendada a partir de 5 anos.

2 DE NOVEMBRO | 18:30 h.

"O gato con botas". A Orquestra Filharmónica Cidade de Pontevedra interpreta esta historia baseada no conto dos irmáns Grimm.  Musicada polo compositor portugués Vasco Negreiros e con Olalla González como narradora. Idade recomendada a partir de 5 anos.

23 DE NOVEMBRO | 18:30 h.

"Pedro e o lobo". Estreno en Galicia do novo espectáculo da compañía Fantoches Baj, acompañada da Banda de Música de Pontevedra, dirixida por Juan Lois Diéguez. Idade recomendada a partir de 5 anos.

21 DE DECEMBRO | 18:30 h.

"Os Crebanoces". A actriz e titiriteira Larraitz Urruzola e a Banda de Música de Pontevedra porán en escena este espectáculo de monicreques inspirado no coñecido conto de Nadal de Hoffmann. Idade recomendada a partir de 4 anos.

Prezo: 5 € para público en xeral e 3 € para estudantes, parados e xubilados. Entradas na billeteira (se quedan) dende unha hora antes da función. Entradas anticipadas á venda no teléfono 902 504 500 e en www.servinova.com