Mañá pola tarde cometa o asfaltado de Xofre de Tenorio

65

O Concello de Pontevedra realizará mañá pola tarde, e na xornada do sábado o asfaltado da rúa Xofre de Tenorio.
Esta rúa estivo en obras nas últimas semanas para reformar as beirarrúas, eliminar as barreiras arquitectónicas que tiña así como mellorar o entronque coa rúa Xan Guillerme.
As obras rematarán co asfaltado da beirarrúa que comezará mañá pola tarde e rematará durante a fin de semana.
O orzamento total desta obra é de 60.026 euros.

Ver documento PDF