Festival “Ponteatro”

41

O festival "Ponteatro", inclúe sete funcións de teatro dende o xoves 16 de outubro ao xoves 18 de decembro, repartidas entre o Teatro Pricipal e o Pazo da Cultura.

Prezo: 8 € para público en xeral e 4 € para estudantes, parados e xubilados.

Abono para todas as funcións: 25% de desconto. As entradas ou abonos de prezo reducido pódense comprar por medios telemáticos, pero só se poden retirar na billeteira acreditando a condición de beneficiario.

Entradas na billeteira á venda dende 1 hora antes de cada función. Entradas anticipadas á venda no teléfono 902 504 500 e en www.servinova.com

16 DE OUTUBRO | 21:00 h. | TEATRO PRINCIPAL

“Amor flexible”. Redrum Teatro.  Unha comedia de enredo que fala das relacións de parella a través dos sete pecados capitais. Dirixida por Alex Sampaio e protagonizada por Mela Casal, Tamara Canosae Guillermo Carbajo.

23 DE OUTUBRO | 21:00 h. | AUDITORIO DO PAZO DA CULTURA

"A tempestade". A compañía Voadora interpreta esta peza de Shakespeare na que Próspero, duque de Milán, é traicioado polo seu irmán Antonio, quen o expulsa nun golpe  de estado e o abandona no mar á súa sorte xunto á súa pequena filla, Miranda. A familia desembarca nunha illa deserta onde vivirá entre monstros e espíritos.

30 DE OUTUBRO | 21:00 h. | TEATRO PRINCIPAL

"Meu ben". Nova produción da compañía Eme2 na que se conta a historia de tres xeracións de mulleres nun ano extraordinario. Amber vive sen preocupacións, ata que sofre unha molesta “indixestión”… A súa nai Lorraine ataca un cliente no traballo. A avoa Kay tenta sentirse viva nos frustrantes sesenta mentres coida do seu marido enfermo.

6 DE NOVEMBRO | 21:00 h. | AUDITORIO DO PAZO DA CULTURA

"Împreunâ". A compañía Pistacatro interpreta un espectáculo mergullado integramente nos códigos artísticos do circo (malabares, aéreos, acrobacias e clown), ambientado na época actual. Împreună , é un todo isto sen renunciar á fusion sen complexos con outras artes vivas como a danza, o teatro físico e a comedia.

20 DE NOVEMBRO | 21:00 h. | TEATRO PRINCIPAL

"O feo". A Compañía Catrocadeiras interpreta esta comedia do recoñecido autor alemán Marius Von Mayenburg, que convida a reflexionar acerca do que realmente nos define como persoas. Lette considérase unha persoa normal. Traballa duro como enxeñeiro e goza dun matrimonio apacible, sen sobresaltos. Mais un día descubre unha terrible verdade: é espantosamente feo.

11 DE DECEMBRO | 21:00 h. | TEATRO PRINCIPAL

"Bye Bye, Honey". Espectáculo gañador de dous premios María Casares 2014 (mellor actor secundario e música orixinal) da compañía Obras Públicas, conta a historia de Marta, unha rapaza de barrio que non é un anxo nin é un demo, e que cando decide deixar a súa casa e a súa familia emprende un camiño incerto e perigoso, rodeada por todas partes de “Lumpen, pachanga e rock´n roll”.

18 DE DECEMBRO | 21:00 h. | TEATRO PRINCIPAL

"Improperio D.F.". Un espectáculo de improvisación teatral da compañía Triatreros con música en directo formado a partir de xogos clásicos e non tan clásicos da improvisación cómica. A peza presenta catro representantes políticos de Improperio Distrito Federal que pretenden colonizar ao público asistente mostrando, mediante xogos de improvisación, as deficiencias da nosa sociedade.