“Oslo. 31 de agosto”

69

Proxección do filme noruego “Oslo. 31 de agosto” (Joachim Trier, 2011), dentro do ciclo “60 anos do Cine-Club Pontevedra. Proxeccións ás 20:00 h. e ás 22:15 h.

Anders está a punto de rematar un tratamento de desintoxicación nun centro rural. Como parte da súa terapia, unha mañá vai á cidade para presentarse a unha entrevista de traballo. Aproveitando o permiso, queda na cidade e encóntrase con xente que había moito tempo que non vía.