“Os Bolechas e o Sabichón”

76

Unha proposta lúdica e didáctica para fomentar a lingua galega nos máis cativos así como o coñecemento en xeral, pensada para nenos de 3 a 6 anos.

A actividade está ideada a modo de concurso cun miniteatro que abre e pecha cada sesión. Os Bolechas preséntanse en forma de monicreques manipulados por actores á vista, modalidade novidosa en Galicia.

O Sabichón é un personaxe moi "listiño" que exercerá de presentador do concurso no que participarán as nenas e nenos asistentes. Para participar formaranse dous equipos, cada un liderado por un dos irmáns Bolechas, que terán que enfrontarse a unha serie de preguntas e probas moi divertidas para demostraren coñecementos e habilidades.

Entrada de balde ata completar aforo.