“Os ollos que falan. 11 cantares galegos”, musicados e interpretados polo sexteto Tempo Catro.
Este espectáculo é unha iniciativa producida pola Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) co obxetivo de rendir unha homenaxe a Rosalía de Castro no 150º aniversario da publicación de Cantares Gallegos.
O sexteto Tempo Catro está formado por Suso Iglesias (acordeón), Andrés Pazos (piano), Antonio Romero (contrabaixo), Javier Cedrón (violín), Pablo Salgueiro (percusión) e Begoña Lorenzo (voz).