Ábrese o prazo para solicitar posto no mercado de flores de Todos os Santos

61

A Concellería de Promoción Económica, Emprego e Turismo, pon en coñecemento de todas aquelas persoas interesadas en efectuar a venda de flores na Praza da Ferrería os vindeiros días 31 de outubro e 1 de novembro, con motivo da celebración da festividade de Todos os Santos, que deberán presentarse nas dependencias da Administración do Mercado, sitas na planta alta do Mercado municipal de Abastos na rúa Serra nº5, ao obxecto de retirar a correspondente documentación para a presentación de instancias.

O prazo de presentación das solicitudes será o comprendido dende o próximo luns, día 13, ao 28 de outubro, ambos incluídos, en horario de 9.30 horas a 14.00 horas.