“Fotógrafos da natureza 2014. European Wildlife Photographer of the Year”

60

Exposición de fotografías da última edición do concurso "European Wildlife Photographer of the Year".

Unha boa escolma de imaxes engaiolantes e necesarias sobre o noso planeta chegan un ano máis do Museo de Historia Natural de Londres. Son as seleccionadas no certame anual europeo Wildlife, que premia arte, técnica e sensibilidade medioambiental da fotografía de natureza.

Imaxes chegadas de diferentes partes do mundo, das paraxes máis salvaxes, amósannos con sublime espectacularidade a esencia do natural a través de animais ou flora. Os seus autores, xente especialmente vinculada ao medio, intentan transmitir con cada imaxe unha beleza singular e ao mesmo tempo un profundo respecto cara á vida natural, sen ningún tipo de contaminación ou influencia humana. Moitas das imaxes sérvennos mesmo para comprender un pouco máis a esencia dos animais, o instinto.

Ata o 3 de xaneiro de 2015 no Centro Cultural Afundación. Café Moderno. Praza de San Xosé, 3. Pontevedra. Horario: luns a venres, 18 a 21 h. Sábados, 11 a 14 h. e de 18 a 21 h.