Pinturas de Aída Pérez Fernández

47

Aída Pérez Fernández logrou realizar unha serie pictórica figurativa, onde predomina o tema da maternidade. A muller como símbolo de calidez e pureza. Unha obra cunha forte emoción autobiográfica, onde mediante a luz, a mancha e a liña, Aída logra definir a expresión dos seus modelos interiores. Nas súas mostras anteriores puidemos ver unha obra onde a cor e a forma lograban as súas relacións en composicións rítmicas e harmónicas, da man do automatismo e o actión painting. Eran obras cuxa expresión dinámica constituía toda unha linguaxe de signos e caligrafías abstractas que dominaban nos cadros.

Hoxe, nesta mostra, encontramos a unha Aída máis íntima, extremadamente sensible, cun interese renovado por rexistrar impresións, sensacións e por capturar a fugacidade dun instante propio. Aída pinta o que viu. O que viviu. Esa realidade persoal transfórmase no seu interior e proxéctase de novo nestes cadros, cargados dunha harmonía cálida, que me recorda a esas palabras que Paul Gauguin que din: Non copiedes demasiado exactamente a natureza. A arte é unha abstracción; sacádeo da natureza, soñado ante ela e pensade máis na creación que no resultado.

Aída ofrécenos entón a súa propia concepción do mundo, onde predomina un palimpsestocultural. Onde a súa autora se aproveita de todo o que está ao seu alcance: fotos, debuxos, esculturas e reflexións, nun constante descubrir e aprehender a arte, para tomar consciencia da realidade que nos rodea mediante unha visión íntima e persoal.

Pódese visitar ata o 20 de outubro, na sala de exposicións do Liceo Casino de Pontevedra. Rúa Manuel Quiroga, 21. Horario: de 09 a 22:30 h