A concelleira de Benestar Social Municipal, Carmen Fouces fixo balance esta mañá do discurrir do Banco de Libros de Texto do curso 14/15, e anunciou que no vindeiro curso non se pode volver convocar dado que a nova Lei de Educación (Lomce) obriga a comprar todos os manuais de todos os cursos da ensinanza obrigatoria. Serán unha excepción uns poucos centros que este ano xa cambiaron os libros.
O balance do banco foi o seguinte:
• Número de peticións atendidas: 1.506
• Libros entregados ás familias: 6.494
• Desglose por niveis educativos:
o Primaria (de 3º e 6º): 2.327
o Secundaria: 3.940
o Bacharelato: 227
Dándolle un valor de mercado de 25 euros aos libros de primaria, de 35 euros aos de secundaria e de 40 euros aos de bacharelato o banco de libros logrou que as familias aforraran 205.155 euros.
Facendo unha comparativa co banco 2013-2014 hai un aumento dun 40% no número de libros repartidos (4.615 no curso pasado).
Hai que destacar que, debido aos cambios ocorridos coa imprementación da LOMCE, houbo centros que cambiaron os manuais de 3º e 5º de primaria. Por este motivo a aumento no número de manuais repartidos en primaria é só dun 17% en comparación co 63% en secundaria.
Ao banco de libros acoden tamén familias de fóra de Pontevedra así, cando xa se tiñan excedentes de libros, atendéronse a 30 familias que recibiron un total de 143 libros.
Os libros que presentan máis dificultades de ser atopados no banco de libros son os de bacharelato. Este ano obtívose un discreto aumento dun 7% no número de libros entregados con respecto ao curso pasado.
Os centros escolares de primaria recibiron o listado de libros sobrantes por si precisan algún xa que, nos almacéns da Casazul, están depositados preto de 1.000 manuais que terán que ser destruídos porque non serán válidos para o próximo curso escolar. Tamén serán reciclados nos contenedores de papel os case 400 libros que se entregaron ao banco e non poden ser reutilizados (están escritos, incompletos, non están operativos, etc).
Pasámosvos as fotocopias dos contidos que se inclúen nun libro da asignatura obrigatoria Educación cívica e constitucional que dunciou esta mañá a concelleira de Benestar Social Municipal.