Proxección de “Encallados”

71

Proxección do filme galego “Encallados” (Alfonso Zarauza, 2013). Rodada en Compostela, en branco e negro e en 16 mm, “Encallados” é unha comedia sobre o cine dentro do cine, centrada no proceso creativo do guión, sobre a imposibilidade de facer unha película sobre a catástrofe do Prestige. Unha mirada ao noso cine e ao contexto en que vivimos enche de honestidade, autocrítica, melancolía e humor.

Interpretado por Xulio Abonjo (Alfonso), Federico Pérez (Pato), Ricardo de Barreiro (Andy) e Farruco Castromán (Farruco). A película conta tamén coas aparicións de Luis Tosar, Marcos Pereiro e Patricia Vázquez.

Entrada de balde ata completar aforo.