Nova edición dos Clubs de Lectura organizados pola Biblioteca Pública de Pontevedra, ata marzo de 2015. Poderán formar parte destes clubs todas aquelas persoas, maiores de idade, que queiran compartir a súa experiencia lectora en inglés, galego, castelán ou portugués.
• GALEGO. Martes alternos de 18 a 19 h. 20 prazas.
• PORTUGUÉS. Luns alternos de 18 a 19 h. 15 prazas.
• INGLÉS. Martes alternos de 19:45 a 20:45 h. 20 prazas.
• CASTELLANO. Todos os mércores de 17 a 18 h. 15 prazas.
Prazo de inscrición aberto ata completar prazas, en horario de 09 a 21 h. na propia biblioteca, no teléfono 986 850 838 en horario de mañá ou no email biblio.publica.pontevedra@xunta.es, poñendo no asunto o nome do club ao que quere anotarse. Tamén hai que incluir os seguintes datos: Nome e apelidos, teléfono de contacto e número de lector se xa es usuario da biblioteca. Se non se é usuario terán que facer o carné.