MiniPazo Club

82

O Pazo da Cultura amplía a súa oferta de obradoiros infantís para o curso 2014-2015 baixo o programa MiniPazo Club e suma á "A hora do conto" e "Á procura do tesouro" dúas novas ofertas.

Serán "Experimenta", obradoiro de arte e cultura visual de Itziar Ezquieta e "RockLab", de expresión musical, impartido por Rocklab Team.

"EXPERIMENTA".

Obradoiro de arte e cultura visual impartido por Itziar Ezquieta.

Taller 1: de 4 a 7 anos. Sábados de 10 a 11:30 h. Comezo: 25 de outubro.

Taller 2: de 8 a 12 anos. Sábados de 12 a 13:30 h. Comezo: 25 de outubro.

Duración: 29 sesións de outubro de 2014 ata maio de 2015. Cota de inscrición: 80 € en total polas 29 sesións en dous pagamentos (40 € ao inicio do primeiro cuadrimestre, 40 € ao inicio do segundo cuadrimestre).

"A HORA DO CONTO. CHINTÓFANOS NAS QUIMBAMBAS"

Talleres de Animación á Lectura a cargo de Pavís Pavós Contacontos.

Un único taller para nenos/as de 4 a 12 anos. Sábados de 12 a 13:30 h. Comezo: 25 de outubro. Duración: 20 sesións de outubro de 2014 ata maio de 2015. Cota de inscrición: 40 € en total polas 20 sesións nun único pagamento.

"Á PROCURA DO TESOURO"

Talleres de Expresión Dramática, Plástica e Musical a cargo de Migallas Teatro.

Taller 1: de 8 a 12 anos. Luns de 18:30 a 20 h. Comezo: 20 de outubro.

Taller 2: de 8 a 12 anos. Martes de 18 a 19:30 h. Comezo: 21 de outubro.

Taller 3: de 4 a 7 anos. Mércores de 18 a 19:30 h. Comezo: 22 de outubro.

Taller 4: de 4 a 7 anos. Xoves de 17:30 a 19 h. Comezo: 23 de outubro.

Taller 5: de 13 a 16 anos. Martes de 19:30 a 21 h. Comezo: 21 de outubro.

Duración: 22 sesións de outubro de 2014 ata maio de 2015. Cota de inscrición: 40 € en total polas 22 sesións nun único pagamento.

"ROCKLAB: DESCUBRE O MUNDO DO ROCK'N'ROLL"

Talleres de Expresión Musical a cargo de Rocklab Team.

Taller 1: de 6 a 8 anos. Luns e xoves de 16:30 a 18 h. Comezo: 20 de outubro.

Taller 2: de 8 a 10 anos. Luns e xoves de 18 a 19:30 h. Comezo: 20 de outubro.

Taller 3: de 10 a 12 anos. Luns e xoves de 19 a 20:30 h. Comezo: 20 de outubro.

Duración: 44 sesións de outubro de 2014 ata xuño de 2015. Cota de inscrición: 80 € en total polas 44 sesións en dous pagamentos (40 € ao inicio do primeiro cuadrimestre, 40 € ao inicio do segundo cuadrimestre).

A matrícula realizarase por orde de inscrición ata esgotar as prazas. Deberá formalizarse en persoa. A partir do 10 de outubro para "Experimenta" e "RockLab". A partir do 13 de outubro para "A hora do conto" e " Á procura do tesouro", no Pazo da Cultura de Pontevedra de 08 a 14 h. +info. en www.pazodacultura.org