Primeiros premios da música Pontevedra Ferve

153

O Teatro Principal acollerá o vindeiro 3 de xaneiro a primeira entrega de premios Pontevedra Ferve. O espectáculo no que se entregarán até 12 premios distintos (mellor single, disco/maqueta, deseño, videoclip, directo, mellor grupo de rap/electrónica/nuevas tendencias, solista/cantautor, Jazz/Funk/Fussion, pop/indie, Rock, Metal), será a partir das 20.30 horas e a entrada será de balde.

O obxectivo destes premios é facer máis visible a escena musicial pontevedresa, rendir unha homenaxe aos músicos e crear lazos de unión entre os grupos.

Só poderán votar os integrantes da asociación Pontevedra Ferve que poderán votar a calquera grupo estea incluído ou non dentro da asociación. E os premios entregaranse queran ou non, ou poidan ou non asistir os grupos ou cantantes galardonados, dado que é a representación dos votantes que o poderán facer a través do facebook da asociación.