Ángel Stanich con banda

44

Concerto de Ángel Stanich con banda, dentro da xira “Demos del Ácido”. O máis flagrante enigma do pop español do 2014 chámase Ángel Stanich. Un músico á marxe, un dos músicos máis singulares que este país deu en anos. Escurridizo, politicamente incorrecto, misterioso, son algúns dos diagnóstico mediáticos que xera por culpa da súa actitude e do seu único traballo, un álbum indie titulado “Camino Ácido”.

Entradas anticipadas a 10 € á venda en Rei Zentolo Pontevedra, Pequeño Karma e www.tiquetea.com e a 12 € na billeteira.