“Pedro e o lobo”

52

Estreno en Galicia de "Pedro e o lobo", o novo espectáculo da compañía Fantoches Baj, acompañada da Banda de Música de Pontevedra, dirixida por Juan Lois Diéguez. Idade recomendada a partir dos 5 anos.

Festival “Concertos en Familia”, concertos didácticos destinados a toda a familia, organizados polo Concello de Pontevedra.

Prezo: 5 € para público en xeral e 3 € para estudantes, parados e xubilados. Entradas na billeteira (se quedan) dende unha hora antes da función. Entradas anticipadas á venda no teléfono 902 504 500 e en www.servinova.com