“O Crebanoces”. Ciclo Concertos en Familia

50

A actriz e titiriteira Larraitz Urruzola e a Banda de Música de Pontevedra porán en escena este espectáculo de monicreques inspirado no coñecido conto de Nadal de Hoffmann.

Idade recomendada a partir de 4 anos. Festival "Concertos en Familia". Concertos didácticos no Teatro Principal para toda a familia.

Prezo: 5 € para público en xeral e 3 € para estudantes, parados e xubilados. Entradas na billeteira (se quedan) dende unha hora antes da función. Entradas anticipadas á venda no teléfono 902 504 500 e en www.servinova.com