Festival Gospel Galicia. Marlena Smalls & The hallelujah Gospel

41

Marlena Smalls é unha das máis versátiles, dinámicas e inspiradas artistas dos Estados Unidos. Empezou a cantar na First Street Baptist Church de Cincinatti, Ohio, e completou a súa educación na Universidade do Estado de Ohio, onde realizou estudos de dirección musical.

Ademais de cantante de Gullah e Gospel, Marlena tamén interpretou música contemporánea, Jazz e Blues. Actuou con Melba Moore, Walter Hawkins & The Hawkins Family e Frieda Payne. Traballou co produtor de películas Joel Silver e con Glen Close, Demi Moore e Ton Hanks. A destacar o seu personaxe Buba's Mom en "Forrest Gump". Tamén son destacables as súas actuacións para un gran número de personalidades, entre as que sobresaen Hillary Clintone a Raíña Isabel II de Inglaterra.

Fundadora do Festival Gullah de Beaufort, que atrae anualmente máis de 100.000 persoas, e The Hallelujah Singers. Organizou este grupo en 1990 para preservar a cultura Gullah das illas de Carolinado Sur.

Prezo: dende 18 €. Entradas anticipadas á venda no teléfono 902 504 500 e en www.servinova.com