“Antía, Wamba e o regato pequeno”

42

A Tropa de Trapo presenta a obra de teatro “Antía, Wamba e o regato pequeno”. Wamba, un mozo do Congo, conta a Antía historias que falan de África e Europa, do que nos sobra e falta, de compartir, de valorar o importante, de ollar con esperanza…

Son catro contos para bailar, cantar, xogar e tamén para sentir e pensar. Os relatos fan reflexionar sobre a solidariedade, a igualdade e o que nos podemos achegar uns aos outros.

Os días 17, 18 e 19 de novembro, ás 10:00 e ás 12:00 h. Aforo concertado con escolares de 2º ciclo de primaria. +info. en www.escolares.afundacion.org