“Nos meus zapatos”. Fundación Igualarte

88

A compañía de danza da Fundación Igualarte presenta o espectáculo “Nos meus zapatos”.

Que difícil é encontrar, neste mundo das présas e da globalización, o espazo axeitado para recoñecérmonos e sermos recoñecidos polos outros. Os artistas camiñan buscando a propia identidade e convidan a reflexionar. A música que envolve o espectáculo xera unha atmosfera actual e intensa que propicia os sentimentos e empurra o pensamento.

A Fundación Igualarte traballa no desenvolvemento artístico en persoas con capacidades diferentes.

Aforo concertado con escolares de 1º ciclo de ESO. +info. en www.escolares.afundacion.org