IV Encontro de Conservación e Restauración

47

Baixo o lema “Moldes, réplicas e patrimonio” celebrarase o IV Encontro de Conservación e Restauración os días 19, 20 e 21 de novembro no salón de actos do Sexto Edificio.

O interese dos moldes e reproducións como colección museística, como vestixio dunha metodoloxía de traballo, como técnica de conservación e como obxectos que tamén debemos conservar, serán os fíos condutores das sesións deste Encontro.

Unha vez máis a organización corre a cargo do Museo e da Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia e está dirixido tanto a profesionais do eido da restauración e a conservación, como doutros vinculados coas actividades museísticas e artísticas, así como a estudantes ou ó publico interesado en xeral.

As inscricións realizaranse na secretaría do Museo: secretaria.museo@depo.es (información no teléfono 986 804 100 ext.: 42436) ata o 12 de novembro. Efectuaranse por rigorosa orde de rexistro de entrada ata completar o número de prazas, limitado a 240 persoas.

Os asistentes recibirán un diploma acreditativo. Está solicitado un crédito de libre configuración á Universidade de Vigo.

+info. programa e folla de inscrición en www.museo.depo.es