“José Luis Penado. Ideas soldadas”

57

Exposición formada por 36 obras deste artista pontevedrés que dedicou toda a súa actividade profesional a transformar o ferro, nalgunha ocasión acompañado doutros metais, en obras de arte, servíndose exclusivamente da técnica da soldadura.

Poderase visitar ata o 16 de novembro de martes a sábado, de 10 a 21 h. Domingos e festivos, de 11 a 14 h. Luns pechado.

O Gabinete Didáctico realiza visitas guiadas gratuítas de 45 minutos todos os venres. Non é necesario inscribirse. Punto de encontro no véstíbulo do Sexto Edificio.