A feira do automóbil, Pontemóbil, amosa as novidades do sector durante toda a fin de semana

38

Abriu as súas portas Pontemóbil, o Salón del Automóvil de Pontevedra, que se celebra durante esta fin de semana. A cerimonia de inauguración consistiu nunha visita do alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores; da concelleira de Promoción Económica, Carlota Román; do portavoz do PP, Jacobo Moreira, e a concelleira non adscrita, María Biempica.

A feira está organizada por Gestsport Galicia e ocupa a totalidae do Recinto Feiral. Uns 4.000 metros cuadrados, que están ocupados por vehículos dos concesionarios participantes, Detroit Móvil, Celta Motor, Mourente Motor, Dalonga, Pontecar, Mara Poio, Ibericar, Gestoso, Vepersa, Valiñas y Roipesa, que ademais traen a Pontevedra os últimos modelos das súas marcas e as mellores ofertas en vehículos kilómetro-cero e de ocasión.

Pontemóbil abre en xornada de mañá e tarde. Das 11 ás 14 horas e das 16 ata as 19 horas.