Comezan os obradoiros de micoloxía e lingua con estudantes de primaria

148

A Concellaría de Normalización Lingüística inicia mañá unha serie de xornadas micolóxicas co fin de promover o uso da lingua galega entre os escolares de primaria. Estas actividades de micoloxía e lingua están organizadas polos equipos de normalización e dinamización lingüística dos catro centros escolares do norte de Pontevedra: CEIP de Campañó, CEIP de Lérez, CEIP de Xeve e EEI de Verducido; coa colaboración Concellaría de Normalización Lingüística.
As xornadas estarán guiadas e dirixidas por especialistas da asociación micolóxica Brincabois. En cada un dos centros desenvolverán as seguintes actividades: charla de introdución á micoloxía; saída de campo guiada para que o alumnado recolla cogomelos no monte; sesión para identificar os cogomelos recollidos e montaxe dunha exposición no colexio cos cogomelos apañados.
Con estas actividades búscase iniciar ao alumnado no coñecemento dos cogomelos habituais na súa contorna e dinamizar o uso da lingua galega tanto na oralidade como na escrita, asociándoa a actividades lúdicas e formativas,  de interese para a infancia. 
Mañá martes, 18  de novembro,  comezará a primeira xornada no CEIP Santo André de Xeve.
• Ás 9 horas Jaime Blanco impartirá a charla: "Os cogomelos de Xeve ".
• Ás 10 horas sairán recoller cogomelos pola parroquia.
• Pola tarde, a partir das 16.30 horas, montaxe da exposición cos cogomelos recollidos.
O mércores 19  de novembro, a actividade realizarase na EEI de Verducido:
• Ás 11,30  horas Jaime Blanco impartirá a charla: "Os cogomelos de Verducido ".
• Ás 12,30  horas sairán recoller cogomelos pola parroquia.
• A seguir realizarase a montaxe da exposición cos cogomelos recollidos.
A vindeira semana o CEIP Parada-Campañó e o CEIP San Bieito de Lérez participarán nesta actividade.

No caso de que a chuvia non permita realizar a saída, adiaranse tanto a recollida de cogomelos como a montaxe da exposición.