Visita a San Amaro seguindo a Memoria das mulleres

59

A Concellaría de Patrimonio Histórico e Cultura, que xestiona Luís Bará, organiza este sábado, 22 de novembro, unha visita ao Cemiterio de San Amaro, facendo un percorrido histórico-artístico con referencia á memoria das mulleres.
A visita, para a que non é precisa inscrición previa, comezará ás 11 horas dende a entrega principal do Camposanto.

Viaxe de coñecemento a Cambados e Noia
A Concellaría tamén está a organizar unha nova viaxe de coñecemento a Cambados e Noia para o vindeiro sábado, 29 de novembro. Farase unha visita aos cemiterios de Santa Mariña en Cambados, e Santa María a Nova, en Noia.
O prezo por persoa para participar nesta viaxe é de 30 euros (bus e xantar incluídos) e para inscribirse  han de facelo nas dependencias do Concello na rúa Michelena 30, 3º ou no correo electrónico patrimoniocultural@pontevedra.eu. Neste correo débense incluír o nome e apelidos, o lugar de residencia ou traballo (xa que teñen preferencia os residentes ou traballadores en Pontevedra), así como o teléfono.