O Concello inicia o luns o arranxo dos valos protectores da Ponte das Correntes

73

O Concello de Pontevedra inicia este luns, 24 de novembro, o arranxo dos valos protectores da Ponte das Correntes, na rotonda da avenida de Domingo Fontán. É un traballo que se prolongará durante varios días e que non obrigará a cortes de tráfico na zona.
Os traballos comezarán o luns co desmonte das pezas que están danadas e que xa non cumpren a súa función, e continuarán coa posterior colocación dunhas novas. Esta reparación pódese prolongar durante toda a semana.
Algúns dos valos protectores da Ponte das Correntes na avenida de Domingo Fontán están rotos debido a diversos accidentes de tráfico que se produciron na rotonda. O Concello leva feito un mantemento constante destes valos realizando distintos arranxos coa substitución de pezas durante todos estes anos. Agora é preciso volver a substituir as que están danadas.