Especial seguimento para o corte de auga previsto para hoxe pola noite

126

A Concellaría do Ciclo da Auga mantén un seguimento especial para a posta en marcha da ampliación da Estación de Tratamento de Auga Potábel (ETAP) situada na parroquia de Lérez e do novo depósito, que se conectará á rede xeral esta noite. A petición foi cursada por Acuaes que está a realizar o proxecto de novo abastecemento de auga a Pontevedra e a súa ría
A posta en marcha da nova ETAP causará a interrupción do servizo de auga potábel entre as 23.00 horas de hoxe e as 08.00 horas de mañá. A continuación, a empresa concesionaria terá que reanudar o servizo dando presión e ir purgando as tubaxes progresivamente, polo que o servizo podería estar totalmente restablecido ao mediodía.
O Concello e a empresa concesionaria tratarán de restablecer o servizo o máis axiña posible, aínda que se trata dunha operación complexa.
A afección no Concello de Pontevedra será no leste da cidade. O punto de corte será a vía do tren polo que se verán afectados os barrios de Monte Porreiro, toda a zona leste con Loureiro Crespo até a estación, a avenida da Estación, a avenida de Vigo dende Fernández Ladreda, e tamén toda a zona de San Brais, en Salcedo.
Como xa se informou tamén lle afectará aos concellos de Marín, Bueu, Poio e Sanxenxo.
A pesar de que o groso da cidade non se ve afectado por este corte, o concelleiro Raimundo González fai un chamamento aos veciños que si disporán de servizo para que fagan un consumo mesurado durante as horas do corte e tamén durante a resposición do servizo.
As zonas afectadas polo corte son as seguintes:
• Zona de A Parda: Rúa Alfredo Brañas, Rúa As Devesas, Rúa Camposanto, Avda. Conde Bugallal, Rúa Estación, Rúa das Pereiras, Rúa dos Montes, Rúa Entrevias, Rúa Otero Pedrallo, Rúa Porta Grande, Rúa Parda, Rúa Poza Da Barcia, Rúa Pedra do Lagarto.

• Zona Avda. de Lugo: Rúa Angel Amor Ruibal, Rúa Castañal, Rúa Ciriña, Rúa Costado (A Seca), Rúa das Fragas, Praza das Regas, Avda. de Lugo, Rúa dos Campos, Rúa Ernesto Caballero, Rúa Faustino Santalices, Rúa Forcarei, Rúa Gaiteiro de Soutelo, Grupo Salgueiriños, Rúa do Maré, Rúa Mestre Soutullo, Rúa Ramón Cabanillas, Rúa Rodriguez Seoane, Rúa Santa Margarita, Estrada Valdecorvos, Rúa Villaverde, Camiño da Seca, Camiño da Vila, Rúa Paloma, Rúa do Outeiro, Rúa Reguiña.


• Zona Avda de Vigo: Rúa Bibiano Fernandez, Rúa Pintor Manuel Colmeiro, Rúa Herminia Fariña Cobian, Rúa Pintor Virxilio Blanco, Rúa Pintor Urbano Lugris, Rúa Pintor Luis Seoane, Avda. de Vigo.
• 

Zona Juan Carlos I: Rúa Abundancia, Rúa Alcalde Garcia Filgueira, Rúa Carrasqueira, Rúa Gaiteiro Ricardo Portela, Avda. Juan Carlos I, Rúa Lagares, Rúa A Estrada, Rúa Loureiro Crespo, Rúa Losada Dieguez, Pintor Laxeiro, Rúa Rafael Dieste, Rúa San Mauro, Rúa dos Soutos, Rúa Sta.Teresa de Jesús Jornet, Rúa Francisco Tomas y Valiente, Plaza Fermín Bouza Brey, Rúa Diego Sarmiento Acuña, Rúa Pintora Maruxa Mallo.


• Zona Monte Porreiro: Rúa das Viñas, Rúa Meixueiro, Rúa Montecelo, Casas Novas, Aldea Laxiñas, Rúa de Francia, Rúa de Dinamarca, Rúa de Holanda, Rúa de Portugal, Rúa de Italia, Rúa de Suecia, Rúa de Grecia, Rúa de Reino Unido, Rúa de Cornubia, Rúa de Escocia, Rúa de Armorica, Rúa de Cambria, Rúa Eirín, Rúa de Alemania, Rúa de Belxica, Rúa de Luxemburgo, Rúa de Irlanda

Zona O Marco: Rúa do Marco, Carretera Po-542.

Zona San Blas: Rúa San Blas, Estrada Corredoira Espiño, Rúa Santa Lucia, Rúa A Corva.


• Suministro en alta a os concellos de Marín, Poio, Sanxenxo e Bueu.