Mellora dos accesos ao núcleo da Piolla, en Lérez, por 120.000 euros

57

O alcalde de Pontevedra e os concelleiros Demetrio Gómez e Pilar Comesaña, responsables do rural e da parroquia de Lérez respectivamente, visitan os traballos de reposición do firme e mellora da seguranza viaria que se realizaron no núcleo da Piolla, nas vías que unen este núcleo coa estrada de Campo Lameiro e co lugar do Castelo, tamén en Lérez.
Trátase dunha estrada moi empregada polos veciños da Piolla.
Os traballos, que se realizaron en dúas actuacións, tiveron un custe de 120.000 euros e consistiron na reposición integral do firme, así como a mellora da sinalización horizontal e vertical, ademais da instalación de algún paso elevado para mellorar a seguranza viaria, especialmente no núcleo da Piolla que está bastante habitado.