Remata a programación da campaña do 25 de novembro coa obra

71

A Concellaría de Igualdade pon fin este domingo á programación da campaña do 25 de novembro, Día internacional da non violencia contra as mulleres coa representación da obra de teatro "Ramón, Ramón" a cargo da aula de teatro do Centro de Información á Muller, que dirixe Andrea Bayer de Baobab Teatro.
A aula de teatro do CIM é un grupo de mulleres que nace da petición e da necesidade de ir máis alá cos cursos de iniciación ao teatro. Ao longo destes últimos anos víñanse impartindo cursos de iniciación ao teatro para mulleres a través do CIM, e unha vez rematados as usuarias pedían máis. Ante esta elevada demanda, propúxose formar un aula cun obxectivo: a preparación e montaxe dun espectáculo teatral.
"Ramón, Ramón" conta unha historia dun grupo de mulleres que está a ensaiar para o estreno do espectáculo e aí van xurdindo historias de cada unha das protagonitas. Un espectáculo, entretido, emotivo e con moita forza.