Adianto da Feira ambulante a este venres

75

A concelleira de Promoción Económica, Carlota Román, comunicou o adianto do mercadiño ambulante da Xunqueira (rúa Rafael Areses). A feira prevista para este sábado, día 6, adiántase ao venres, día 5.

A Ordenanza Municipal Reguladora da Venta Ambulante, aprobada definitivamente polo Pleno da Corporación Municipal en sesión extraordinaria celebrada o día 17 de xaneiro de 1997, no seu artigo 8 establece que cando os días señalados para a feira coincidan en festivo a feira ou mercadillo levarase a cabo o día anterior.