“Irmáns”. Exposición fotográfica

62

A sede de Turismo Rías Baixas acolle a exposición "Irmáns", desde a que numerosos rostros de nenos unidos por este especial vínculo familiar miran o visitante e tratan de transmitir esa especial relación que sempre marca os irmáns.

A mostra forma parte da campaña que Aldeas Infantís SOS está a levar a cabo en numerosos países de Europa para reclamar leis que impidan a separación dos irmáns cando, por diversos motivos, teñen que ser apartados do seu fogar.

Poderase visitar ata o 26 de decembro na sala de exposicións do Palacete das Mendoza. Praza Santa María, s/n. Horario: de luns a venres, de 09 a 20 h. Sábados, de 10 a 14 h. e de 16 a 20 h. Domingos e festivos, de 10 a 14 h.