“Orixinal ou copia? As reproducións na conservación do patrimonio”

66

Exposición organizada pola Escola de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia como complemento do IV Encontro de Conservación e Restauración que se celebrou no Museo de Pontevedra.

A realización de reproducións de obras de interese cultural é unha tarefa que require un gran nivel de precisión, un altísimo coñecemento dos materiais que as forman e o dominio destes e das técnicas precisas para levalo a cabo, de xeito que a obra orixinal non saia perxudicada e a réplica sexa un obxecto fiel ó orixinal.

A mostra pretende dar a coñecer o papel que xoga o restaurador-conservador de bens culturais no eido da realización de reproducións de obras de interese cultural.

Ata o 19 de novembro na Escola de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia. Rúa Maestranza, nº 2. Pontevedra. Entrada pola Facultade de Belas Artes.