Unha moza pontevedresa gaña unha viaxe a Roma no sorteo entre os clientes de PontedeTapas

66

A Casa da Luz, sede de Turismo de Pontevedra, foi esta mañá o escenario do sorteo dos 13 premios reservados para o público participante no concurso gastronómico PontedeTapas, que concluíu o pasado luns cun balanzo de 42.600 tapas e cócteles vendidos.

A concelleira de Promoción Económica, Carlota Román, acompañada de dúas cativas, foi a encargada de extraer as papeletas gañadoras entre a morea de papeis extraídos das 45 urnas (unha por local) nos que os clientes rexistraron os seus datos e a votación das tapas e cócteles.

O primeiro premio consistiu unha viaxe a Roma para dúas persoas e tres días. A gañadora foi a moza pontevedresa Noemy Ekpo-ekuerre Méndez.

O resto dos premios consistiron en cheques de compra no comercio local e na praza de Abastos. A relación de gañadores é a seguinte:

Cheque-comercio de 500 euros: Belén Rial, de Ames.

Cheque-comercio de 400 euros: Serafín Fernández Vázquez, de Pontevedra.

Cheque-comercio de 300 euros: Raquel González Justo, de Pontevedra.

Cheque-comercio de 200 euros: Juan Mejuto, de Pontevedra.

Cheque-Plaza de Abastos de 200 euros: Diego Sepúlveda, de Pontevedra.

Cheque-Plaza de Abastos de 200 euros: Beatriz Castellano, de Pontevedra.

Cheque-Plaza de Abastos de 200 euros: Isaac Freire Carballal, de Pontevedra.

Cheque-comercio de 150 euros: Adrián González Méndez, de Sanxenxo.

Cheque-comercio de 100 euros: Ana García Gestoso, de Pontevedra.

Cheque-comercio de 100 euros: Francisco Javier Osorio, de Pontevedra.

Cheque-comercio de 100 euros: Paula Estévez, de Ourense.

Cheque-comercio de 100 euros: María Cristina Costas Pajariño, de Pontevedra.

Todos eles recibirán os seus premios durante a gala final de PontedeTapas, que se celebrará no auditorio de Afundación o próximo luns ás 19.30 horas.

Por outra banda, hoxe fíxose público a composición do xurado desta gran final, que terá a misión de elixir aos tres gañadores nas modalidades de tapa creativa, tapa tradicional e cóctel. Estará encabezado por Javier Olleros, chef do Culler de Pau (O Grove), e contará tamén coa participación de Inés Abril, chef do Maruja Limón (Vigo) e participante no programa televisivo Top Chef, e Marco Varela, chef profesional, mellor cociñeiro de Galicia 2011 e finalista en Madrid no concurso internacional Bocouse D'or e do concurso de cociñeiro do ano. Con eles estarán tamén Diego Mosquera, barman profesional e vicepresidente da Asociación Galega de Barmans, e Ruben Riós, actor e director de cine.

Como xa se informou, os finalistas do concurso, segundo a valoración do xurado da primeira fase, e que elaborarán as súas tapas en directo durante a gala final co obxectivo de converterse nos gañadores absolutos son:

Tapa Creativa: Tabula Rasa, con "Bacallao con Patente de allada", El Cafetín, con "Empanada de bacalao con pasas”, e Envero, con "Dim sum de caldo galego".

Tapa Tradicional: Cre-Cotte, con "Carrilleira de Porco con cromesqui ao viño Mencía”; Dejavi Tapería, con "Érase unha vez un polbo na horta", e Cancamo Mariscos, con “Trío Marino".

Cóctel: PTV Cervecería, con “Mesturas”; Marilyn, con "Marilyn Frapé", e Terraza Central, con "Delicia Central".

Na gala tamén estarán os locais que recibiron as mellores puntuacións do público, tanto no que atinxe ás tapas como aos cócteles.

Todos eles recibirán diploma acreditativo.

Carlota Román volveu destacar hoxe que os 45 locais que participaron no concurso rexistraron un aluvión de público e varios deles pasaron das 2.000 tapas vendidas, chegando a consumir importantes cantidades de produto para poder elaborar as súas creacións gastronómicas.

A concelleira indicou que PontedeTapas é xa un atractivo turístico incuestionable de Pontevedra e enche a programación da primeira semana de decembro, que é xa unha das datas fortes no calendario pontevedrés.