Activado un plan de apoio no Nadal a solicitantes de Risga sin ingresos económicos

146

A Concellaría de Benestar Social Municipal asinou esta mañá a recepción dunha achega de 15.000 euros da Fundación La Caixa para pór en marcha un programa de apoio no Nadal ás persoas solicitantes de Risga.
A concelleira de Benestar, Carmen Fouces explicou que irá destinada a uns 100 usuarios de Servizos Sociais que teñen solicitado ante a Xunta un Risga, e están á espera de contestación. A Xunta tarda arredor de oito meses en resolver cada caso. Mentres, os usuarios non teñen ingreso económico de ningún tipo.
Neste acto tamén recibiron outras achegas entidades da cidade que traballan no eido social.