Ampliado o convenio de transporte a Monte Porreiro

70

A Xunta de Goberno Local aprobou esta mañá a prórroga do convenio coa empresa de transporte Rías Baixas que ten a concesión da liña do barrio de Monte Porreiro. O convenio é por valor de 86.489 euros.

O portavoz do Goberno, Raimundo González explicou que o Concello comeza a subvención no billete número 12 con 0,75 céntimos até o 80 que sae a 0,13 céntimos. Na actualidade o prezo do billete é de 1.40 euros.

Raimundo González explicou que o Concello mantén o seu compromiso co barrio de Monte Porreiro ao manter a subvención a esta liña de transporte urbano que é a máis empregada da cidade e que na actualidade está remontando os datos de usuarios.

Melloras de estradas rurais

Na Xunta de Goberno tamén se aprobou esta mañá incluír no Plan marco de mellora dos camiños rurais subvencionado pola Xunta de Galicia a través de fondos Europeos, as obras de mellora das estradas Cabanas- A Igrexa e Cabanas-Cruceiro, ambas na parroquia de Salcedo.