Máis de 600.000 euros de investimento en obras de abastecemento e saneamento na cidade

96

A Xunta de Goberno Local aprobou esta mañá o investimento de 633.871,32 euros en distintas obras de abastecemento de auga potábel, saneamento e recollida de augas pluviais procedentes do convenio de investimento da empresa Viaqua.

Son actuacións en distintas rúas da cidade como na rúa Alemaña, en Monte Porreiro, Loureiro Crespo, Rosalía de Castro, Bos Aires, Xan Guillerme, Michelena, praza da Constitución, Andrés Mururais, Augusto García Sánchez, na estación de bombeo, en Pazos (Marcón) ou en Mollabao.

A maior parte son obras de instalación, mellora, renovación da rede de auga potábel da cidade, e noutros casos de recollida de augas pluviais ou mellora da canalización de sumidoiros.