Xornada de portas abertas nos Bombeiros para colaborar con Redeaxuda

47

O Parque de Bombeiros de Pontevedra organiza o vindeiro 27 de decembro unha xornada de portas abertas, de  10 a 15 horas, en colaboración con Redeaxuda para a recollida de xoguetes e alimentos na campaña de Nadal.
Na campaña os Bombeiros e Redeaxuda solicitan xoguetes, alimentos vinculados coa alimentación infantil ou cueiros tallas 3, 4 ou 5.
As persoas que queiran participar poderán acceder pola explanada do parque de Bombeiros.