Pontexogos 2014

62
Pontexogos chega cunha oferta lúdica reforzada para captar o interese dos cativos e dar así facilidades ás familias para realizar a súas compras de Nadal.
 
Esta nova edición consta coa instalación dunha carpa de 400 metros cadrados en forma de cúpula. Aburrirse está prohibido e ademais ofrécense circuitos de psicomotricidade, patíns, talleres de repostería e panadería, actuacións de títeres, magos, contacontos, xogos tradicionais e unha visita de Papá Noel.
 
A incorporación dun muro de escalada hinchable de oito metros de altura e un minicine chamado "A caixiña de mistos". Novidades que complementan ao  tradicional tiovivo e á completa oferta de talleres para manter ben ocupados aos máis pequenos de cada casa.
 
A carpa instalada na Praza de España abrirá ata o 4 de xaneiro, pero atención aos horarios, porque será de 16:30 a 20 h. ata o próximo venres, día 19 de decembro. A partir de ahí abrirá de 11 a 13:30 h. e de 16:30 a 20 h., excepto o día 4, na que só abrirá pola maña. Estará pechada os festivos 25 de decembro e 1 de xaneiro.
 
Para o acceso ás instalacións non se exige o pago de ninguna entrada. Únicamente volve a ser requisito a presentación dun tique de compra nalgún establecemento comercial de Pontevedra por importe mínimo dun euro.